José Manuel Blanco
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asistíu á prantación de nove árbores no exterior do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de A Gándara.
As especies (foron doadas polo Concello de Narón, e prantáronse entorno á pista deportiva exterior con motivo do Día Mundial da Arbore, que hoxe se conmemora.
Cada unha das árbores foi prantada polos alumnos/as de cada un dos niveis educativos do colexio (3 cursos de Educación Infantil, e 6 cursos de Educación Primaria), que ten matriculados actualmente a 465 estudiantes.
A relación de especies prantadas é a seguinte: tres aligustres, dous camelias, tres liquidambar, e un laurel en copa.