NOVAS

Escolas deportivas e actividades conveniadas e de clubes no Padroado de Deportes: apertura do prazo de inscrición

Publicado o 18 de Agosto de 2016

Tes o corpo listo para iniciar unha nova tempada de actividade deportiva?

O Padroado de Deportes de Narón abrirá o 12 de setembro o prazo de inscricións da tempada 2016-2017 nas piscinas, escolas deportivas do pavillón, conveniadas, de clubes e ximnasio. Ollo, porque o período para anotarse varía en función da actividade.

  • Escolas Deportivas do complexo polideportivo e piscina da Gándara e actividades de nado libre, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación: Indicouse que para as reservas de praza da tempada 2016-2017 de aqueles usuarios/as que continuarán nas actividades e que teñen domiciliados os recibos, o correspondente ao mes de outubro pasarase para cobro entre o 1 e o 10 de setembro. Os usuarios que non desexen continuar nas citadas actividades na vindeira temporada deben comunicalo por escrito antes do 1 de setembro cubrindo o modelo que poderán atopar nas oficinas e na conserxería do polideportivo da Gándara. As persoas que se anoten por primeira vez nas piscinas ou no ximnasio comezarán as actividades o 1 de outubro e poden inscribirse do 12 ao 30 de setembro no caso de ter bono familiar e residir en Narón, ou do 19 ao 30, tamén do vindeiro mes, se son veciños/as doutros concellos. En ambos casos poden anotarse en horario de 9.00 a 13.00, de luns a venres, no polideportivo da Gándara.
  • Escolas deportivas do pavillón e actividades conveniadas (balonmán, voleibol e ximnasia rítmica): Abrirán o prazo para anotarse o 12 de setembro, ao igual que as escolas deportivas exteriores, actividades conveniadas e outras actividades de clubes (atletismo, tenis de mesa, tiro con arco, remo, xadrez, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, badmintong, boxeo, kick boxing, tempo libre e patinaxe artística).

O edil de Deportes de Narón destacou o elevado número de persoas que se inscriben cada ano nas diferentes escolas deportivas do Padroado, actividades conveniadas e de clubes, e tamén das que acoden ás piscinas e ao ximnasio, recordando que a media do pasado ano situouse en algo máis de 3.000 usuarios/as. “Centos de rapaces e rapazas de Narón e da comarca inscríbense nas actividades deportivas impulsadas desde o Padroado de Deportes, cunha ampla e variada oferta á disposición da veciñanza”, apuntou Romero. 

Se precisas máis información podes dirixirte ao complexo polideportivo municipal da Gándara (Estrada da Gándara, 148). Tamé podes chamar ao teléfono 981 387 522.