NOVAS

Especial XXIII Gala do Deporte de Narón

Publicado o 30 de Novembro de 2011

Natalia Hermida, concelleira de Deporte e Mocidade,  explicou a gran importancia que ten o deporte en Narón onde máis de 5.000 personas practican deporte cada año a través das actividades promovidas polo Concello. Como nos indicou “O Deporte é unha peza fundamental na educación e formación dos nosos mozos e mozas, e unha aposta segura en Narón”.

O Padroado de Deportes do Concello de Narón organizou, un ano máis, a tradicional Gala do Deporte Naronés, que xa vai pola vixésimo terceira edición. Este ano tamén se celebrarou o evento no grandísimo “contenedor” do Pazo da Cultura de Narón.

Natalia Hermida, concelleira de Deporte e Mocidade,  explicou a gran importancia que ten o deporte en Narón onde máis de 5.000 personas practican deporte cada año a través das actividades promovidas polo Concello. Como nos indicou “O Deporte é unha peza fundamental na educación e formación dos nosos mozos e mozas, e unha aposta segura en Narón”.

Nesta celebración xuntámonos todo o tecido asociativo-deportivo onde se trata de homenaxear aos mellores deportistas e os mellores clubs e entidades do noso municipio no último ano de competición.

Un xurado composto por xornalistas e licenciados en Inef determinou o cadro de honra da gala onde se deu a coñecer o mellor deportista naronés do 2011, o mellor club, mellor equipo, mellor traxectoria deportiva, promesa, mencións especiais e tamén os mellores de cada especialidade deportiva e tamén da base.

Os premios

A arqueira Iria Grandal recibiu o premio á mellor deportista de Narón no ano 2011. É o terceiro ano, segundo consecutivo, na que a deportista do Club Arco Narón acada o premio. Iria Grandalque entrevistábamos no últimos número da revista en papel Dameuntoke, conta cun notable palmarés de éxitos as súas espaldas situándose no número 73 no ránking mundial de tiro con arco.

O premio ao mellor clube foi para o Club Baloncesto Narón polo fomento deste deporte e o ascenso do equipo sénior á liga EBA.

Tamén se entregou una mención especial polo ascenso a Primeira do equipo masculino do clube Atletismo Narón. Igualmente houbo unha mención especial para o Cidade de Narón que ganou a liga na Segunda División Nacional de fútbol sala.

Polo seu esforzo deportivo e personal premiouse á Afaes. Polo traballo, adicación deportiva e humana ao longo de moitos anos entregouse un galardón a Marcelino Rodríguez, fundador de Atletismo Narón, así como a Juan José Guerra, polo seu traballo na S.D.D Freixo.

O premio ao mellor entrenador foi para Amando Guerrero Gil, do Náutico de Narón; o galardón á mellor proxección deportiva foi para o iudoca Sergio Trillo Valerio e o que se outorga á mellor traxectoria deportiva foi para o triatleta Brais Canosa. Por último, a atleta Belén Toimil recibíu o premio á mellor promesa.

O acto da gran familia do deporte naronés estivo presidido polo noso alcalde, José Manuel Blanco, quen destacou que no “No Concello de Narón somos sabedores da importancia que o deporte ten no conxunto da nosa sociedades en xeral, e para os máis novo en particular”.

Felicidades a todos amigos e amigas.