NOVAS

Estanzas en Europa para profesorado en linguas estranxeiras

Publicado o 15 de Abril de 2015

O Ministerio de Educación convoca 110 prazas para a realización de estanzas profesionais en centros educativos 

Cantas prazas se convocan?

O Ministerio de Educación convoca 110 prazas para a realización de estanzas profesionais en centros educativos 

Onde se realizarían as estanzas profesionais?

As estanzas profesionais en centros educativos de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Reino Unido, República de Irlanda e Suíza.

Cales son os requisitos?

  1. Ser funcionario/a de carreira do corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria, Profesores de Ensino Secundario, Catedráticos de Ensino Secundario, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Música e Artes Escénicas e Profesores de Artes Plásticas e Deseño.
  2. Estar a impartir docencia de lingua estranxeira ou dunha disciplina non lingüística nalgunha lingua estranxeira, no momento de presentar a solicitude de participación nesta convocatoria.
  3. Acreditar, polo menos, un nivel de competencia lingüística equivalente ao nivel B2 establecido no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) do/dos idioma/s oficial/é de cada un dos países elixidos para realizar a estanza.

 

Cando se poden solicitar as prazas?

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de maio de 2015

Máis información BOE do 14 de abril de 2015 e en www.educacion.es