O Estadio Municipal de Río Seco acollerá este domingo 5 de maio, en horario de 9:30 a 14:30 horas, o Campionato Galego de Atletismo "Cidade de Narón" en categoría absoluta, e na proba de 5.000 metros.
O evento deportivo foi presentado en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e os responsables do Club de Atletismo de Narón, Alvaro Valle (presidente) e Roberto Tuimil (secretario).
A edil de Deportes de Narón felicitou ó Club de Atletismo polo seu excelente resultado acadado na Liga nacional de clubes, na categoría masculina, onde conseguiron un 2º posto. “Anímovos a que continuedes neste camiño, e tamén a que sigades fortalecendo a base do atletismo, especialmente nestes tempos difíciles” declarou Natalia Hermida.
Isidoro Hornillos recalcou que o noso concello Narón “é un concello que se destaca polo seu apoio ó deporte en xeral, e o atletismo en particular. Cabe lembrar que conta cunha pista de 400 metros homologada, e un gran equipo de atletismo, polo que este campionato vai ser un gran espectáculo deportivo”, asegurou o presidente da Federación Galega de Atletismo.
Só vai ser en categoría absoluta? E os máis peques? Non, non...ademáis da proba de 5.000 metros en categoría absoluta haberá probas menores dende benxamín ata cadete.
Vanse xuntar arredor de 200-300 atletas, unha auténtica pasada!
O Concello de Narón aposta polo deporte unha vez máis!