NOVAS

Este sábado estamos convidad@s á...16ª edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena!

Publicado o 03 de Outubro de 2014

Ei que xa están aquí de novo! Non vos esquezades! Temos unha nova cita o sábado coa ONG Lena!

Onde quedamos? Na Praza de Galicia

Para que? Oe, que é a 16ª Edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena.

Cando é? O vindeiro sábado 4 de outubro, a partires das 16:30 horas.

Como podemos participar? Achegádevos e poderedes participar en diferentes xogos tradicionais como:

  • a chapa
  • o brilé
  • o pano
  • o tiro de corda
  • as carreiras de sacos
  • os zancos. 

Tamén haberá xogos deportivos, coma:

  • patinaxe
  • futbolín
  • tiro con arco
  • baloncesto 3 x 3. 

 

Ademais a ONG terá un agasallo ós participantes.

Dende fai anos, a ONG Lena desenvolve un proxecto educativo e solidario na rexión brasileña de LenÇois (Bahía), dirixido a nenos/as desta zona. Ademais van habilitar un punto de recollida de alimentos a favor do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón.

Este evento conta coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón. Para máis información pódese consultar a web da ONG Lena: http://onglena.wordpress.com/