NOVAS

Estudo sobre o estado de conservación das nosas árbores

Publicado o 02 de Setembro de 2013

¿Sabedes que o Concello está elaborando un estudo sobre o estado de conservación das nosas árbores?

Neste estudo estanse a valorar varios aspectos referentes á conservación das árbores, á súa poda e á magnitude dos exemplares cos que contamos no Concello de Narón.

Este traballo xa está dando os seus froitos, o Concello observou que existen dous exemplares clasificados coma "chopos" que están localizados na Praza da Gándara, de gran tamaño e con perigo para os viandantes, posto que posúen unhas cantas fendas lonxitudinais que poderían desencadear en roturas de ramas de grande magnitude.

De feito, neste pasado mes caeron ramas en dúas ocasións. En resposta a este problema o Concello vai facer unha poda intensiva nestas dúas estupendas árbores para eliminar os riscos de que se produza calquer desprendemento de polas e sempre, tentando que estes exemplares sigan formando parte da vida da Praza.

Se non deran resultado estas medidas, o Concello tería que proceder á tala destas árbores.

Crucemos os dedos para que non teña que ser así!