NOVAS

Exposición Bibliográfica sobre o Nadal na Biblio do Alto

Publicado o 09 de Decembro de 2013

Na Biblio do alto están que non paran! Nin polo Nadal!

  • Durante todo o mes haberá unha Exposición Bibliográfica sobre estas datas, formada por libros, películas e música de temática navideña para todas as edades.
  • O venres 13 de decembro (en dous quendas: de 11 a 12 e de 19 a 20 horas) se levará a cabo a 6ª xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF). Trátase dunha actividade para adultos, na que se presentarán as novidades máis destacadas do fondo infantil dende outubro ata decembro. Presentaranse tamén as actividades de animación á lectura previstas para este mes. A asistencia é libre, pero é preciso confirmar a presencia por anticipado.

 

  • Tamén o venres 13 de decembro celebrarase unha xornada de Contacontos para adultos, en horario de 20 a 21 horas. Se representarán contos de medo e terror para persoas adultas. A entrada é libre e gratuita e non é preciso reservar praza, pero haberá un aforo máximo de 40 persoas.

 

  • Para o máis novos da casa, haberá unha sesión de Contacontos infantil sábado 14 de decembro, de 11 a 12 horas. Esta actividade diríxese a nenos/as a partires de 4 anos de idade, e para asistir é imprescindible reservar praza a partires de hoxe ás 16:00 horas. A reserva pode facerse de maneira presencial ou telefónica (chamando ó 981 382 173).

 

Que? Nós estamos agardando xa polo de xaneiro! Que haberá de novo no 2014....ah!