NOVAS

Exposición fotográfica e Festival Solidario a beneficio da ONG "Médicos sin Fronteras"

Publicado o 03 de Marzo de 2014

Neste mes de marzo imos ter unha cita solidaria no Pazo da Cultura, desta volta a favor da ONG "Médicos sin Fronteras".

Neste mes de marzo imos ter unha cita solidaria no Pazo da Cultura, desta volta a favor da ONG "Médicos sin Fronteras".

Hai dúas actividades programadas que teñen como finalidade amosar a realidade que se vive no terceiro mundo, e as dificultades que ten a poboación para acceder a algo tan fundamental e prioritario como é a mediciña.

  • Exposición fotográfica: estará no Pazo do 2 ao 15 de marzo, de luns a venres entre as 10 e as 14 horas pola mañá, e as 16 e as 19 horas polas tardes. Son 40 instantáneas que reflexan historias da vida na África subsahariana.
  • Festival solidario: o sábado 15 de marzo, ás 18:00 horas e tamén no Pazo poderemos ver un espectáculo solidario no que han participar de xeito altruista  a Banda Infantil da agrupación Sementeira, a Escola de Bailes de Salón TEDAGA e a Coral “Amistade” de O Couto

 

Como é o temas das entradas? As entradas as poderemos mercar dende o luns 10 de marzo, nas billeteiras do Pazo da Cultura a un prezo de 5 €.

Vémonos alí?