NOVAS

Exposición “Maquila Boutique” da ONG Implicadas no desenvolvemento

Publicado o 31 de Outubro de 2013

Bulide!

Hoxe remata esta exposición "Maquila Boutique" que leva aberta todo o mes de outubro na Biblioteca Muncipal do Alto, en horario de atención ao público.

Trátase dunha mostra formada por 14 paneis e 15 pezas de roupa cos que se pretende denunciar a explotación laboral por parte das compañías sobre as que existen informes ao respecto nos países do sur.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as Concelleiras de Educación e Bibliotecas (Mª del Carmen Espada) e Acción Social (Catalina García) visitaron a semana pasada esta exposición promovida pola ONG Implicadas no desenvolvemento.

Se vos interesa coñecer algo máis desta exposición, descargade este material en PDF.

   
Documento Tamaño
Documentación Maquila Boutique e Implicadas no desenvolvemento.pdf 405.95 KB