NOVAS

Exposición pictórica da artista naronense Ana Vigo

Publicado o 01 de Decembro de 2011

A exposición consta de 9 láminas enmarcadas e realizadas coa técnica do carboncillo, grafo e pluma de secuencias de retratos e paisaxes así como viñetas e  e visións de esculturas e pinturas doutros artistas.

Ata o 10 de decembro podedes desfrutar da exposición pictórica da artista naronense Ana Vigo.

A exposición consta de 9 láminas enmarcadas e realizadas coa técnica do carboncillo, grafo e pluma de secuencias de retratos e paisaxes así como viñetas e  e visións de esculturas e pinturas doutros artistas.

Esta exposición está enmarcada dentro do programa Bibloespazo 3 na acción denominada “ expresARTE” , que utiliza a biblioteca municipal como plataforma de lanzamento de artistas locais  que queren amosar a súa obra, e ofrecer con ela a posibilidade de que os/as visitantes da biblioteca ,poidan familiarizarse coa expresión artística fóra dos espazos que soen ser comúns para a realización de exposicións.

Enténdese desta maneira, que a rede bibliotecaria é un espazo socioeducativo que abrangue moitísimas posibilidades educativas  e socioculturais.

Ana Vigo
A autora nada en Ferrol no ano 1976, é licenciada en Humanidades e Xestión cultural pola Universidade da Coruña e diplomada en maxisterio en educación primaria pola Universidade de Vigo.