NOVAS

“Felicita o Nadal en galego!”

Publicado o 16 de Decembro de 2013

Queredes felicitar o Nadal dun xeito moderno?

O Concello de Narón, dende a Concellería de Educación dirixida por Mª del Carmen Espada, pon en marcha a campaña "Felicita o Nadal en galego!".

Esta campaña tenc como finalidade promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía. Consta dunha serie de recursos dispoñibles na web do Concello www.naron.es (banner “Felicita o Nadal en galego”) para felicitar as festas e a entrada no novo ano ós seres queridos. En concreto, ofrécense:

  • Postal para descargar
  • Postal electrónica
  • Textos de felicitación en lingua galega para enviar por sms

 

Estos dous últimos recursos están en auxe nos últimos anos, grazas ás novas tecnoloxías.

Se queredes facer calquera tipo de consulta sobre esta campaña podedes chamar ó 981 33 77 00 (extensión 1516) ou enviar un correo electrónico a a.pita@naron.es.

E lembrade: o Servizo de Normalización Lingüística está ó servizo dos cidadáns para corrixir ou traducir ao galego os textos de felicitación do Nadal.

O Servizo de Normalización Lingüística está sostido con fondos do Concello de Narón, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos.

A que estades agardando? Nós queremos que nos enviedes algunha!