NOVAS

Festa do Día das Persoas con Discapacidade

Publicado o 09 de Decembro de 2013

Sabedes que día é o 3 de decembro? O Día das Persoas con Discapacidade.

Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara) acollerá o día 10 de decembro a partires das 17:00 horas unha festa organizada por oito asociacións:

 

Este acto faise co motivo de celebrar este Día das Persoas con Discapacidade. Esta actividade conta coa colaboración da Concellería de Igualdade e Promoción Social do Concello de Narón.


O programa de actos é o seguinte:

  • 17:00 horas: Lectura dos Dereitos Humáns e do Manifesto sobre a Discapacidade (aprobado por unanimidade no derradeiro Pleno Ordinario do Concello de Narón, celebrado o pasado 28 de novembro).
  • 17:30 horas: Obradoiro de musicoterapia e baile.
  • 18:00 horas: Espectáculo de Maxia.
  • 18:30 horas: Merenda.

 

O Manifesto sobre a Discapacidade está promovido por estas oito entidades sociais e a través do mesmo os seus usuarios reclaman o seu dereito a estar incluídos no contexto no que viven e a ter unha boa calidade de vida. Teñen todo o dereito, non si?

A pesar de ser persoas con diversidade funcional:

  • saben que son cidadáns de pleno dereito
  • queren participar da sociedade e da comunidade
  • teñen dereitos e obrigas
  • os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Galicia, a Constitución rexe para toda a cidadanía española calquera que sexa a súa condición, e os seus dereitos tamén están recollidos na Convención Internacional de Nacións Unidas sobre as persoas con discapacidade.

 

Iremos á festa, non?