NOVAS

Festa do Pemento do Couto: entradas á venda

Publicado o 08 de Xullo de 2013

A xentiña de Dameuntoke é de bon comer, non? Pois xa temos unha nova troula para disfrutar da gastronómica típica do noso Concello: a XV Festa do Pemento do Couto.

A xentiña de Dameuntoke é de bon comer, non? Pois xa temos unha nova troula para disfrutar da gastronómica típica do noso Concello: a XV Festa do Pemento do Couto.

Cando vai ser? Tedes que ir reservando o 21 de xullo, é domingo, anulade todas as comidas familiares!

Canto me vai costar? O prezo único é de 12 euros, e xa podedes ir comprando as entradas.

A seguinte pregunta que vos facedes é: onde as podo mercar? Aquí:

  1. No Concello, na 3ª pranta: de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas.
  2. No Couto, no Local Social Municipal: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas.
  3. Na Cooperativa de O Val: no seu horario habitual
  4. No Mesón A Trasanquesa, en Sedes.

Tamén queredes saber o que ides comer, non si? Sobre as dúas comezarán a servir o menú:

  1. Pementos do Couto, era sabido!
  2. Churrasco
  3. Pan
  4. Auga
  5. Viño (só para os autorizados pola lei, eh!)
  6. Café ó tizón

E desta volta, haberá camareir@s que van server nas mesas, nada de colas! Por iso, é imprescindible mercar os tickets con antelación (ou no mesmo día no local do Couto) pois van facer falla para acceder á carpa. Hai un aforo de 500 persoas, bulide a polos tickets!

Pero non todo vai ser comer, haberá outras actividades dende as 12:00 horas:

  • 12:00 horas: Visita guiada ó Mosteiro do Couto, onde o historiador do Concello de Narón, Andrés Pena, ofrecerá unha completa explicación dos seus orixes ós asistentes.
  • 13:00 horas: Darase lectura ó Pregón a cargo dunha persoa destacada do ámbito cultural galego.
  • Ás 13:30 horas: Se levará a cabo o Xuramento das Novas Damas e Cabaleiros que entrarán a formar parte da Orde do Pemento do Couto. Entregaránse tres insignias a tres persoas ás que se lles recoñecerá a súa traxectoria profesional, e que serán dadas a coñecer proximamente.
  • Logo do xantar, á tarde  haberá unha sesión de baile amenizada por un grupo musical.
  • Durante o día haberá un mercadiño e unha mostra de produtos do campo
  • 16:30 horas: se celebrará un concurso da cesta de pementos mellor presentada.

 

Quen organiza esta festa? A AVV de O Couto e o Concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do Campo de O Val.