NOVAS

Festival Solidario Ong Lena

Publicado o 15 de Decembro de 2011

Trátase dun espectáculo que combina representacións teatrais e actuacións musicais e de danza, na que participarán actores e actrices de primeiro orden, que crean espectáculos exclusivos para este festival.

ONG LENA de Narón, celebra o xoves día 22 de decembro, no Pazo da Cultura, a sétima edición do Festival Solidario Ong Lena.

Trátase dun espectáculo que combina representacións teatrais e actuacións musicais e de danza, na que participarán actores e actrices de primeiro orden, que crean espectáculos exclusivos para este festival.

As entradas, a un prezo de 8 euros, están á venda na billeteira do Pazo, de luns a venres, de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas.

Flor Maceiras, Directora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón, será a encargada de presentar a gala, que comezará ás 20:30 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. A parte musical e coreográfica virá da man da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura, o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, o Club de Ximnasia Rítmica Acordes e os alumnos e alumnas de Bailes de Salón.

No apartado teatral contaremos coas actuacións de Rober Bodegas, Quico Cadaval, Iolanda Muíños e Camila Bossa, e o Mago Martín.

A totalidade do recadado neste Festival Solidario destinarase integramente a financiar as obras de reforma que con urxencia precisa o espazo no que desenvolve toda a súa actividade a asociación  Grãos de Luz e Griô, coa que a ONG Lena colabora na cidade de Lençois (Bahia-Brasil) cunha poboación maioritariamente afrodescendente, con familias formadas por hasta once ou doce membros onde o ingresos non chegan a un euro diario.

As pésimas condicións que reúnen as súas instalacións, poñen en perigo a continuidade do proxecto.

Para máis información www.onglena.org