NOVAS

Gala Solidaria a favor da asociación "Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil".

Publicado o 04 de Abril de 2014

“Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil”

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a “Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil”.

O evento está organizado pola delegación galega desta asociación -coordinada pola estilista Mónica Cereijo- en colaboración co Concello de Narón.

A Concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, fixo un chamamento á participación nesta gala, de marcado carácter solidario e cuxa recadación irá destinada integramente á investigación contra esta enfermidade.

As entradas están xa á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura (prezo: 5€) e agárdase a presenza dos seguintes artistas:

  • Leo KCH (grupo de Rap)
  • Martín Varela (Ilusionista)
  • Fran Nogueira (Monologuista e Presentador)
  • Bucanero (Dúo Cómico)
  • La GuaGua (Animación infantil)
  • Payaso Popín
  • Susana Seivane
  • Fusion Dance (Academia de Baile)
  • Dani Ríos (Cantante)
  • Víctor Grande (Artista)

 

Ademáis, haberá numerosos sorteos de produtos cedidos polos colaboradores.

A “Asociación Alba Pérez de Loita contra o cancro infantil” foi creada en marzo do ano 2012 polos pais de Alba, unha nena á que se lle diagnosticou con 5 meses de idade un agresivo sarcoma de Ewing (cancro infantil) e faleceu tras librar unha longa e durísima loita contra a enfermidade, 5 anos despois. 

Esta asociación foi creada co único obxectivo de recadar fondos para investigar o cancro infantil e ata hoxe xa ten doado:

  • 56.000 € ó laboratorio de investigación do Hospital San Joan de Deu de Barcelona.
  • 200.000 € a Oscar Martínez, investigador e responsable do departamento de Sarcomas do centro Idibell en Barcelona.

 

Desgraciadamente cada ano se diagnostican 1.200 novos casos coma o de Alba, e segundo a FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) esta enfermidade está clasificada coma rara e polo tanto, practicamente non se destinan fondos públicos para investigala. Por ese motivo, a Asociación Alba Pérez segue loitando para recadar fondos e financiar novas liñas de investigación que permitan encontrar unha cura.

O pai de Alba Pérez ten confirmada a súa presenza na Gala do Pazo da Cultura, o vindeiro sábado 12 de abril.

Pódese colaborar económicamente coa asociación, a través de varias formas:

  • Conta corriente: 2100-0638-66-0200191250 (La Caixa)
  • Donativos de cuantía libre, a través de tarxeta de crédito: 

http://www.migranodearena.org/asociacionalba3

  • Donativos de 1 € ó mes, a través de conta corriente ou tarxeta de crédito:

https://www.teaming.net/sialbalucha-yolucho

Para máis información sobre a Asociación, pódese consultar a web oficial:

http://www.asociacionalbaperez.org