NOVAS

"Galeuropa 2017": Aberto o prazo de solicitude

Publicado o 18 de Maio de 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para que á mocidade galega faga prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos.

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para que á mocidade galega faga prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos.

Hai tres tipos de axudas á mobilidade:

  1. BS324A: axudas individuais de mobilidade, concedidas directamente á mocidade galega.
  2. BS324B: axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
  3. BS324C: axudas para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño de 2017.