O programa GALEUROPA oferta 50 prazas para a realización de prácticas laborais no estranxeiro, de 4 semanas de duración, durante os meses de novembro e decembro de 2012.
Os obxectivos deste programa son:
- incrementar as posibilidades laborais de mozas e mozos galegos desempregados;
- posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais en empresas no país de destino;
- proporcionar a iniciación e/ou perfeccionamento das habilidades lingüísticas do idioma do país de destino;
- e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de autonomía.
Prazas:
- Ausburg (Alemaña): 10
- Praga (República Checa): 10
- Budapest (Hungría): 10
- Varsovia (Polonia): 10
- Cork (Irlanda): 6
- Amsterdam (Holanda): 4
Sectores:
- Hostalería
- Turismo
- Comercio
- Servizos á comunidade (atención á terceira idade e discapacidade)
- Administración
Destinatarios:
O programa está destinado a mozos e mozas galegas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
- Alemaña: sen formación académica e en situación de desemprego laboral superior a seis meses.
- República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda: titulación universitaria ou ciclo superior de formación profesional, dando prioridade aos interesados con titulación equivalente ou inferior a ciclo medio de formación profesional
Inscricións:
O prazo de inscrición estará aberto dende o 5 de outubro ata o 14 de outubro ás 24:00 horas.
Os interesados deberán remitir ó correo electrónico: galeuropa@xunta.es o formulario e o curriculum vitae cubertos que figuran a continuación:
- Curriculum Vitae: http://xuventude.xunta.es/uploads/CV_Modelo_europeo_en_espaol.odt
- Formulario de Solicitude: http://xuventude.xunta.es/uploads/Formulario1_Galeuropa.odt
Cobertura:
- Alemaña: empresa de acollida, curso de preparación lingüística cultural, aloxamento, manutención, viaxe de ida e volta, seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima, titorización personalizada durante toda a estadía.
- República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda: empresa de acollida, curso de preparación lingüística cultural, aloxamento, axuda de 150 euros para a manutención, axuda de 250 euros para a viaxe de ida e volta, seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima, titorización personalizada durante toda a estadía.
Máis información: galeuropa@xunta.es