NOVAS

Guia de Verán 2011

Publicado o 23 de Xuño de 2011

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, acaba de publicar a guia de verán 2011 co obxecto de ofrecerlle a xuventude galega información que lle pode ser útil a hora de planificar e organizar as súas vacacións de verán.

 Esta guía ofrece información básica moi variada, desde os documentos necesarios para viaxar, como os distintos tipos de carnés que permiten ter descontos en viaxes, albergues, museos, transportes, etc, como son o carné xove, Carné Go-25, Carné de estudante internacional (ISIC), Teacher-ITIC, o de alberguista nas distintas modalidades que dan dereito a utilizar máis de 180 albergues xuvenís en España (REAJ) e a máis de 5.000 pertencentes a outros países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF).

 Na guia atopase tamén información sobre transportes, no que destacan os decontos en tren cos pases  de interRail ou o kmtricko de autobús; aloxamento en albergues; temas de saúde, parques naturais e zonas de acampada, traballo no verán; programas de prácticas para estudantes; cursos de verán; Festas de interese turístico; parques temáticos, etc.