Comezamos o ano con enerxía! E que mellor que facelo cunha serie de cursos desenvolvidos dentro do programa "Habilita 2015! A formarse xentiña!
A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, mantén aberto o prazo de inscrición para os Cursos do programa “Habilita 2015”.
Para quen son estes cursos? Estes cursos están dirixidos a persoas desempregadas empadroadas en Narón e que sexan maiores de 18 anos.
Onde nos podemos inscribir? As persoas interesadas poden formalizar a solicitude en:
- Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Narón.
- Horario: 8:30 a 13:30 horas.
Cando remata o prazo de inscrición? O prazo de inscrición remata o 23 de xaneiro.
Que documentación hai que presentar? Xunto coa instancia, deberán entregar unha fotocopia cotexada da tarxeta de demandante de emprego e outra do DNI ou similar. Na páxina web do Concello poden consultarse os detalles dos cursos e descargarse a solicitude de inscrición: http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concello/cursos_informatica_habilita_2015
Cal é o número de prazas? Hai 10 prazas por curso, a selección do alumnado realizarase por rigorosa orde de inscrición.
Queredes saber de que son os cursos? En total ofértanse 15 cursos de Informática e Novas Tecnoloxías
- Mecanografía para adultos.
- Iniciación á Informática e Internet (quendas de mañá e de tarde).
- Básico procesador de textos (Open Office Writer).
- Básico follas de cálculo (Open Office Calc).
- Básico bases de datos (Open Office Base).
- Ferramentas web 2.0
- Marca persoal (quendas de mañá e de tarde).
- Redes sociais.
- Id. Dixital, administración electrónica (quendas de mañá e de tarde).
- Iniciación ao web mail e correo electrónico.
- Configuración e uso de dispositivos móbiles (quendas de mañá e de tarde)