NOVAS

Hoxe ás 12 h: Concentración silenciosa en solidariedade cos feridos e as familias das víctimas do accidente de tren

Publicado o 26 de Xullo de 2013

Amigos e amigas de Dameuntoke, o Concello de Narón convoca, seguindo as indicacións da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) unha concentración silenciosa en solidariedade cos feridos e as familias das víctimas do accidente de tren que cubría a ruta Madrid-Santiago, ocurrido o día 24 preto de Santiago.

A concentración silenciosa será hoxe venres ás 12:00 horas diante do Concello, onde se gardarán cinco minutos de silencio como mostra de respeto e solidariedade cos afectados por esta traxedia.

Dende o Concello de Narón faise un chamamento á cidadanía para que participe nesta convocatoria.

Alí estaremos tod@s.