A Concellería de Mocidade mantén aberto o prazo de inscrición para a Escola de Música Moderna, cuxas clases comenzan hoxe luns 1 de outubro.
Situada na Casa da Mocidade de A Gándara, esta escola inicia hoxe a súa andaina, impartindo clases de guitarra, iniciación e perfeccionamento musical, e batería. Polo de agora, as clases de baixo aínda non teñen alumnos/as matriculados/as, pero tamén existe esa opción para os/as mozos/as que desexen aprender a tocar e perfeccionar este instrumento.
As inscricións poden realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello –situada no 1º andar- en horario de maña. Poderán inscribirse nas clases de música os mozos/as de 12 a 26 anos de idade, empadroados en Narón. Tamén está aberto o prazo para solicitar as aulas de ensaio por parte dos grupos musicais, que poden empregarse de martes a sábados nunha marxe horaria de 16:00 a 22:00 horas.
O prezo destas actividades é de 7,84€ usuario/a ou grupo ao mes (tal e como establece a Ordenanza nº15, reguladora da taxa por servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario).