NOVAS

I Concurso de Fotografía Turística de O Val

Publicado o 03 de Xuño de 2013

Xentiña de Dameuntoke!

Temos un novo concurso de fotografía no Concello de Narón: I Concurso de Fotografía da parroquia de O Val.

Este certame quere poñer de manifesto a riqueza desta parroquia do noso concello, tanto no referente ao patrimonio monumental e arqueolóxico como no referente aos espazos naturais de interese, de lecer, culturais pu festas populares.

Este concurso forma parte do grupo de actividades organizados con motivo da Festa da Pena Molexa, que tódolos anos se celebra na tarde-noite de San Xoán.

"Queremos recuperar e potenciar as tradicións do noso municipio, e ademáis deste concurso fotográfico tamén queremos facer unha exposición con fotografías do século pasado da parroquia de O Val. Por iso dende aquí quero facer un chamamento ós veciños e veciñas de Narón que teñan fotos do século XX de O Val para que as cedan para poder organizar esta exposición”, sinalou María Rodríguez Porto, Concelleira de Turismo.

 

As bases son as seguintes:

  1. As imaxes teñen que ser dun lugar recoñecible
  2. O prazo de presentación de fotografías ábrese o día 3 de xuño e remata ás 13:30 horas do luns 17 de xuño.
  3. As fotografías entregaranse na sede da Fundación Terra de Trasancos (O Val), de luns a venres de 09:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 09:30 a 13:00 h.
  4. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías. As fotografías terán que ser inéditas, en BN ou cor, admitíndose retoques pero non montaxes nin superposicións. Non poderán ser manipuladas por programas de tratamento de imaxe.
  5. Non poderán ter sido escollidas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso.
  6. Os participantes deberán ser os autores orixinais das mesmas.
  7. Os contidos non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe de terceiros.
  8. A organización poderá declara deserto o premio se así o considera, por baixo número de participantes ou pouca calidade dos traballos presentados.
  9. As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da Asociación de Veciños de O Val. O resto poderán ser usadas pola Asociación como considere oportuno, sempre e cando sexan para uso propio da asociación.
  10. En caso de cesión por parte da asociación de algunhas das fotografías a unha empresa ou organismo, farase constar sempre a procedencia de dito material e o seu autor, non podendo cobrar por dita cesión.
  11. O material non poderá levar logotipo nin anagrama do autor.
  12. A participación é de balde, non é necesaria inscrición previa e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade.
  13. As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.

 

Para presentar as fotografías debedes seguir estas indicacións:

  • Nun sobre pechado incluiránse os seguintes datos: nome do participante, DNI, dirección e teléfono de contacto.
  • No exterior do sobre figurará un pseudónimo cun máximo de 10 caracteres. 
  • Todas as fotografías nomearanse como: pseudónimo X, sendo X o número de fotografía que se presenta.
  • Xunto co sobre dos datos persoais, as fotografías entregaranse nun CD etiquetado co pseudónimo; e en papel fotográfico (tamaño aproximado 30 x 40 cm).
  • No reverso da fotografía escribirase o pseudónimo e unha breve descrición do lugar onde foi tomada.

 

Tedes dúbidas sobre estas bases? O teléfono para respostar a todas as vosas preguntas é o 676 141 715 ou na conta de correo electrónico ftt@cooperativaoval.com

Por quen vai estar formado o xurado?

  1. Kiko Delgado, fotógrafo profesional de “El Correo Gallego”
  2. María Isabel Luaces García, responsable de Comunicación do Concello de Narón
  3. Andrés López López, presidente da Asociación de Veciños do Val
  4. Eugenia Méndez Díaz, Gerente Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val
  5. María José Rodríguez Porto, Concelleira de Turismo

 

O xurado vai seleccionar as tres mellores fotografías entre todas as recibidas. Estas imaxes recibirán premio, non acumulables, polo que cada autor só poderá ser premiado por unha das súas fotografías.

De canto son os premios?

  1. 1º premio: 300 €
  2. 2º premio: 200 €
  3. 3º premio: 100 €

 

Unha vez rematado o prazo de presentación as fotografías recibidas estarán expostas na web de  Turismo do Concello de Narón: www.turnarón.es