O Recinto Feiral do Trece (Sedes) acollerá os días 3 e 4 de marzo a I Exposición Canina ‘Cidade de Narón’ que reunirá a máis dun centenar de cans de raza, que disputarán o punto para o Campionato Galego de Cans de Raza (o título de campión galego acádase ó lograr os 4 puntos).
O Recinto Feiral do Trece (Sedes) acollerá os días 3 e 4 de marzo a I Exposición Canina ‘Cidade de Narón’ que reunirá a máis dun centenar de cans de raza, que disputarán o punto para o Campionato Galego de Cans de Raza (o título de campión galego acádase ó lograr os 4 puntos).
O evento foi presentado en rolda de prensa pola Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o presidente da Sociedade Cinolóxica Galega (Expogal), Javier Davila.
A responsable de Feiras e Mercados agardou que este evento, do que se celebra a primeira edición, se prologue no tempo, e animou ós veciños e veciñas a acudir a fin de semana ó recinto feiral do Trece para disfrutar da exposición. O edil de Medio Ambiente, pola súa banda, engadíu que o Concello está a cambiar os usos das instalacións do Trece –adicadas inicialmente á venta de gando- para potenciar outro tipo de actividades coma esta exposición canina, ou a celebración de feiras temáticas.
O presidente de Expogal, Javier Dávila, explicou que ata o día de hoxe xa hai máis de 100 cans inscritos nesta exposición, e que os que desexen sumarse á competición poderán anotarse o mesmo día da proba (o domingo dia 4 a partires das 10:30 horas). O programa da I Exposición Canina inclúe duas exhibicións a cargo de cans de rastreo e salvamento, e un concurso de mascotas. O calendario é o seguinte:
Sábado 3 de marzo
- A partires das 17:00 horas: exhibicións do grupo de traballo A Baiuca (Ferrol) que realizarán probas de rastreo en catástrofes con cans da raza de auga español, e da agrupación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), con cans de rescate que traballan cos corpos de bombeiros.
- I Concurso de Mascotas para Cans sen pedigree, no que se premiarán ós mellores exemplares en catro categorías: pitufín (o can máis pequeno), king kong (o can máis grande), miss e mister (os máis fermosos). A inscrición para participar neste concurso terá un prezo simbólico de 3 euros, e se realizará antes de comenzar o mesmo. É necesario que o can teña a cartilla de vacunas en regra, e dispoña do microchip identificativo.
Domingo 4 de marzo
- A partires das 11:00 horas: I Exposición Nacional Canina, na que se otorgará un Punto do Campeonato Galego de Cans de Raza. Na xornada de mañá celebrarase a exposición, e pola tarde a partires das 16:30 horas se disputarán as finais.
Para ampliar a información, pódese consultar a web: www.expogal.es