NOVAS

I Torneo de Nadal Intercentros Concello de Narón de Xadrez

Publicado o 14 de Decembro de 2016

O Padroado de Deportes de Narón e o Círculo Xadrez Narón organizan o “I Torneo de Nadal Intercentros Concello de Narón”.

O edil de Deportes, Román Romero, o secretario e o tesoureiro do Círculo Xadrez Narón, Juan Rodríguez e Antonio Masede, respectivamente, presentaron onte o evento, que se desenvolverá o vindeiro sábado, día 17, no Centro Social do Alto do Castiñeiro a partir das 16.30 horas.

 

  1. Sabes onde está? Apunta! No número 7 da rúa Manuel Antonio. 

 

O edil naronés explicou que desde o Padroado de Deportes se informou a todos os centros escolares da localidade da celebración deste torneo, con inscricións de balde e que poden formalizarse ata a xornada do vindeiro xoves, día 15 no Círculo de Xadrez Narón.

Están convocados torneos de rápidas, pasapezas e simultáneas para as categorías sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8.

Os gañadores das diferentes categorías recibirán un trofeo e, a maiores, sortearanse varios agasallos entre os participantes e unha cesta con produtos de Nadal, tal e como indicaron os organizadores.

Os representantes do Círculo Xadrez Narón agradeceron a colaboración ofrecida desde o Concello de Narón tanto para este evento como para outras actividades organizadas polo citado colectivo.

Pola súa parte, Román Romero animou aos alumnos e ás alumnas dos centros educativos da cidade a participar neste evento, “que convocamos este ano na súa primeira edición e que esperamos manter no tempo durante moitos máis anos coa implicación do Círculo Xadrez Narón e do alumnado ao que se dirixe”.