NOVAS

Iª Carreira 7-14-21 Cidade de Narón

Publicado o 16 de Outubro de 2018

O Concello de Narón baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo organiza  o domingo 4 de novembro a súa primeira Carreira 7-14-21, incluída dentro das actividades do Programa 100.000 motivos de peso, que se ven desenvolvendo dende hai meses.

A carreira desenvolverase nun circuito urbano de 7 quilómetros ao que se poderán dar ata tres voltas, dependendo da modalidade, de ahí o nome de 7-14-21. 

O Concelleiro de Deportes, Román Romero, indicou que este modelo de carreira, recoñecido como oficial pola Federación Galega de Atletismo, non é moi coñecido na nosa bisbarra, polo que a proba nace con intención de se consolidar dentro do calendario deportivo de Narón.

A inscripción na carreira, tanto para persoas federadas como para o público en xeral poden facerse antes do día 1 de novembro a través de facebook ou na páxina web https//goo.gl/YcnbHM, onde tamén se pode atopar toda a información sobre a mesma.

Por último, o Concelleiro de Deportes animou a toda a veciñanza a participar nesta actividade e agradeceu a colaboración dos patrocinadores así como da Federación Galega de Atletismo.

Consulta o cartel do evento no arquivo adxunto que aparece a continuación.

   
Documento Tamaño
Cartel_pdf.pdf 213.04 KB