Os interesados poderán presentar as súas fotografías no prazo de 1 mes, dende o 1/10/2011 ata o 31/10/2011, no 5º andar do edificio do Concello (departamento de Turismo). Os premios serán en metálico, establecéndose un 1º premio de 600€, un 2º premio de 300€ e un 3º premio de 150€.
A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, abre o prazo para participar no II Concurso de Fotografía “Concello de Narón”, co obxectivo de mostrar a riqueza do municipio, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares.
Os interesados poderán presentar as súas fotografías no prazo de 1 mes, dende o 1/10/2011 ata o 31/10/2011, no 5º andar do edificio do Concello (departamento de Turismo). Os premios serán en metálico, establecéndose un 1º premio de 600€, un 2º premio de 300€ e un 3º premio de 150€.
Cada participante poderá mandar un máximo de 3 fotografías -en branco e negro ou en color-, que deberán ser inéditas e poderán ser retocadas pero non se admitirán montaxes nin superposicións. A inscrición é de balde e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade.
As imaxes deberán ter unha resolución mínima de 1024x768 px, e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG. Deberán presentarse nun sobre cerrado, e no exterior figurará un pseudónimo cun máximo de 10 caracteres. No interior deberán incluir as fotografías nun CD e tamén en papel fotográfico, nun tamaño de 20x25 cm.
Unha vez rematado o prazo do concurso, as fotografías enviadas estarán expostas na páxina web de Turismo do Concello de Narón (www.turnaron.es).