NOVAS

III Concurso de fotografía Cidade de Narón

Publicado o 01 de Outubro de 2012

Se tedes boa man coa fotografía esta é a vosa oportunidade. O Concello convoca a 3ª edición do Concurso de Fotografía para promocionar a riqueza paisaxística, cultural e social do concello de Narón.

Este concurso foi presentado a semana pasada pola edil Maria Rodríguez Porto da Concellería de Turismo.
O prazo para presentar as vosas fotos comeza hoxe luns día 1 e estará aberto ata o mércores 31 de outubro. As bases do concurso as tedes na páxina web do Concello (www.naron.es).
Poderedes presentar un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou en cor, o xurado valorará especialmente que sexan dun lugar recoñecible. As imaxes deberán ser inéditas e poderán ser retocadas pero non se admitirán montaxes nin superposicións. A inscrición é de balde e poderán participar tanto fotógrafos/as afeccionados/as como profesionais maiores de idade.
Haberá tres premios en metálico, de 600€, 300€ e 150€ respectivamente.
A principal novidade deste ano é a composición do Xurado, que estará formado polos fotoperiodistas Kiko Delgado (El Correo Gallego), Daniel Alexandre (Diario de Ferrol) e José Pardo (La Voz de Galicia), ademáis da propia Concelleira de Turismo, e a responsable de Prensa do Concello.