NOVAS

III Edición do curso on-line de educación vial para ámbitos non formais

Publicado o 04 de Novembro de 2013

Temos un curso á vista! Desta volta sobre educación vial...

A Dirección Xeral de Tráfico organiza e convoca a III edición do Curso online de Educación Vial para ámbitos non formais.

A quen vai dirixido? Esta formación vai dirixida a mediadores/as educativos: policías locais, animadores/as socioculturais, educadoras/es de menores con medidas xudiciais, traballadoras/es sociais, profesorado de  entidades e centros de educación adultos, etc...

Cantas prazas hai? Ofértanse 120 prazas gratuitas, en dúas edicións sucesivas. As persoas interesadas (en calquera das edicións) poden acceder ao impreso de inscripción: http://www.aula-abierta-dgt.es/elearning/.

Ata cando podemos inscribirnos? Ata o día 5 de novembro, bulide!

Vainos costar algo? Non, este curso é de balde.

O obxectivo que queren acadar con esta formación é ofrecer formación e asesoramento para a elaboración e posta en funcionamento de proxectos de Educación Vial.

O comezo do curso comunicarase por correo electrónico ás persoas seleccionadas.

Se necesitades máis información: http://aplch.dgt.es/pevi/faces/paginas/recursos/otros_grupos/ed_no_formal/detalle.xhtml?idDoc=060f424480176242