NOVAS

III Torneo da Liga Impact Modern 2017

Publicado o 05 de Maio de 2017

A terceira edición do torneo da Liga Impact Modern 2017 do xogo das cartas Magic The Gathering, organizado polo Concello e a Asociación Cultural Impact.

O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este sábado, día 6, a terceira edición do torneo da Liga Impact Modern 2017 do xogo das cartas Magic The Gathering, organizado polo Concello e a Asociación Cultural Impact. A cita dará comezo ás 10:30 horas  e na mesma está confirmada a asistencia de persoas de Narón e tamén doutros concellos galegos, como Ferrol, A Coruña, Santiago e Melide, e unha representación de xogadores de Asturias, se ben se interesaron polo evento afeccionados de Ourense e Pontevedra.

Desde a Asociación Cultural Impact explicaron que os participantes continuarán competindo para conseguir una das cinco plazas coas que conta a entidade para particiar na final rexional galega de Modern, que terá lugar no mes de decembro.

Así mesmo, os xogadores que vaian quedando eliminados nas distintas fases terán a oportunidade de participar en torneos paralelos durante a tarde, gozando deste xogo e optando a varios premios que se sortearán na xornada.