NOVAS

Iniciativa Xove: charla na Biblioteca do Alto

Publicado o 10 de Marzo de 2016

O vindeiro día 21 de marzo desenvolverase unha charla sobre o programa Iniciativa Xove na sala de conferencias da Biblioteca Municipal de Narón.

A conversa terá lugar ás 17:00 horas e estará dirixida por Fernando Rodríguez, dinamizador da Dirección Xeral de Xuventude. 

Queres participar?

  • A charla é de balde.
  • Non é necesario inscribirse previamente.
  1. Nesta charla farase un pequeno repaso á orde da convocatoria do programa Iniciativa Xove, aclarándose as dúbidas sobre a documentación a presentar e o procedemento a seguir para presentar os proxectos.

 

Estás interesada/o? Precisas máis información?

  • OMIX de Narón: Edificio do Concello. Servizo Sociocomunitario. Praza de Galicia s/n.
  • Teléfono: 981337700 ext 1103
  • Email: omix@naron.es

Queres lembrar a información sobre este programa?

  1. Programa "Iniciativa Xove" 2016: hoxe ábrese o prazo! http://www.dameuntoke.es/novas/programa-iniciativa-xove