NOVAS

Inicio do prazo de entrega de imaxes para participar no IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón

Publicado o 21 de Setembro de 2018

As persoas que desexen participar no IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón poden presentar ata o vindeiro venres, día 28, as imaxes no Rexistro municipal, entre as 8.30 e as 13.00 horas

O certame repartirá un total de 1.200 euros en premios, dos que 750 serán para o primeiro; 300 para o segundo e os 150 restantes para o terceiro, tal e como recordou a concelleira de Turismo da cidade, Natalia Hermida.

As fotografías presentadas deben reflectir a riqueza de Narón nas áreas patrimonial, de lecer, espazos naturais, cultura, festas populares, arqueoloxía, ou tecnoloxía. Así mesmo, terá que presentalas unha persoa maior de idade e sempre baixo seudónimo. Un xurado especializado encargarase de valorar as imaxes presentadas a este certame, que poderán obter un máximo de trinta puntos en función da súa calidade técnico artística, orixinalidade e grao de representatividade do municipio.

 

A edil naronesa recordou que as bases desta convocatoria se poden consultar na páxina web do Concello, a través do enlace:  http://www.naron.es/web/docs/BasesIXConcursoFotografia.pdf e tamén se pode chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517) para calquera aclaración ao respecto.

 

As tres imaxes con maior puntuación obterán os premios en metálico deste certame e ilustrarán, xunto coas outras nove mellor valoradas polo xurado, o calendario de sobremesa que o Concello editará para o ano 2019.