NOVAS

Instalación xuvenís na Campaña de verán 2018: oferta concertada

Publicado o 09 de Maio de 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2018, que comprende do 15 de xuño ao 30 de setembro de 2018.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

  • Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
  • Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
  • Xerencia e persoal de servizo.

Poderán solicitar o uso das instalacións:

  1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
  2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
  3. Corporacións locais.
  4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
  5. Grupos de mozos e mozas non asociados/as que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.  

 Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados.

Os prezos das instalacións están publicados no DOG do 8 de abril de 2016.

Aqueles grupos que figuren inscritos no Rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados no punto anterior.

Solicitudes:

  • Solicitudes presentadas por entidades locais, outras entidades, asociacións e escolas de tempo libre: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. 
  • Solicitudes presentadas por grupos de persoas mozas non asociadas: As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento BS304A. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 18 de maio de 2018.

Máis información no DOG do 25 de abril de 2018 e no correo ofertaconcertada.benestar@xunta.es

   
Documento Tamaño
ofertaconcertada.pdf 295.74 KB