Xa podemos mercar as entradas para a nova edición do Festival Solidario Ong Lena!
Cando é? A cita é o sábado 21 de decembro, ás 20:00 horas.
Onde? No Pazo da Cultura de Narón.
Prezo? 8 euros. Pódense adquirir na billeteira do Pazo da Cultura de Narón, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas.
Que imos poder ver? Teremos a oportunidade de disfrutar dun espectáculo que combina actuacións teatrais, musicais e de danza, na que van participar actores e actrices de primeira liña. Oe, que a este Festival non ven calquera!
Ricardo de Barreiro, será o encargado de presentar a gala, que comezará ás 20:00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. A parte musical e coreográfica virá da man da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura, o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, o Club de Ximnasia Rítmica Acordes e os alumnos e alumnas da Escola de Bailes de Salón.
No apartado teatral contaremos coas actuacións de Paula Carballeira e Avelino González.
A totalidade do recadado neste Festival Solidario destinarase integramente a financiar o proxecto educativo que promovemos na cidade de Lençois (Bahia-Brasil).
Queredes colaborar pero non podedes ir? Non pasa nada, podes apoiar este acto aportando a cantidade que ti decidas a través das seguintes contas bancarias, indicando como referencia “Fila Cero”:
- NovaGalicia Banco: ES79 - 2080 – 0235 – 91 – 3040001240
- La Caixa: ES67 - 2100 – 1831 – 3302 – 0009 2185