NOVAS

IX Premio de banda deseñada "Castelao"

Publicado o 03 de Marzo de 2014

Levas un David Rubín dentro? O teu sono é ver a túa obra publicada? Pois tes unha boa oportunidade de demostrar que en Narón tamén hai bos e boas debuxantes de banda deseñada!

A Deputación de A Coruña convoca o IX Premio de banda deseñada “Castelao”.

Como podes participar? Estes son os requisitos:

  • Persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade e que non fosen premiadas nas últimas cinco edicións
  • Hai que presentar unha narración en banda deseñada escrita en galego, inédita e non premiada noutros premios ou certames
  • As obras poderán ser escritas e debuxadas por un máximos de 2 artistas: unha destas persoas será guionista e a outra debuxante
  • A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

 

O premio? Hai un premio único de 6500 €, ademais a Deputación de A Coruña publicará a obra premiada, reservándose un prazo de 18 meses cos dereitos para editala entregando 30 exemplares á persoa vencedora. O autor ou autores manterán os dereitos para a posible edición da obra en calquera outra lingua distinta á galega.

Así mesmo, cos traballos orixinais será realizada unha exposición de carácter itinerante.

O prazo? Tedes ata o 4 de abril de 2014 para preparar a vosa obra de arte en banda deseñada! 

Se precisades máis información a atoparedes no BOP da Coruña e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao