NOVAS

“Let´s dream big”: Intercambio xuvenil en Londres dentro do programa Erasmus+: Xuventude en Acción

Publicado o 14 de Decembro de 2016

Que é eso do programa Erasmus+: Xuventude en Acción?

Que é eso do programa Erasmus+: Xuventude en Acción? É un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.

Na iniciativa de intercambio "Let´s dream big" están involucradas as seguintes institucións:

  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, como socia.
  • ONG Renegade Talent  como organizadora.
  • ONG New  International Company of Live Arts (Nicola) como colaboradora.

Os países que participan son o Reino Unido e España.

  1. Cando é o intercambio? As datas de realización do intercambio van do 12 ao 21 de febreiro de 2017.

A quen se dirixe esta iniciativa? A mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos (este requisito deberá cumprirse o día de inicio do intercambio) con interese en participar nun intercambio interactivo, que estean interesados e interesadas en montar unha empresa, ser empresarios individuais autónomos ou estean en búsqueda de emprego.

Ademais deben ter coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.

  1. Cantas prazas hai? 20 prazas 
  2. Ata cando me podo inscribir? Dende o 14 ao 25 de decembro de 2016.
  3. Como? Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.

Cal é a cota de participación FEE? 100 € que serán pagados á organización de acollida mediante transferencia bancaria no momento de recibir a comunicación da selección.

Outras condicións

  • As persoas participantes mercarán billetes de traslado, ida e volta, desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta. Seralles devolto o custo ata un máximo de 170 € coa presentación da factura a nome da organización Renegade Talent (facilitaranse os datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
  • A organización de acollida realizará o reembolso en libras esterlinas, con independencia da moeda indicada no billete e na  factura. 
  • A admisión será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen por escrito na solicitude o interese e motivación na temática  e os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio. 
  • As persoas solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe e ingreso de cota de participación.
  • De non recibir confirmación desta o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.

Que facer cando confirmen as prazas?

Confirmada a praza nos 5 días seguintes  laborables, deberán remitir a galeuropa@xunta.es a seguinte documentación:

  • Factura e billetes de transporte ata a cidade de Londres.
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea ou póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.
  • Documento acreditativo dos coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe ou declaración asinada pola persoa solicitante no que reflicte posuír coñecementos na materia.

Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.

En caso de baixa?

Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.

Cobertura do intercambio:

  1. Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
  2. Transporte local no ámbito do intercambio
  3. Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Precisas máis información?

Queres inscribirte? Aquí podes atopar o formulario de inscrición: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=250