NOVAS

"Lingua de Namorar": Concurso en liña de mensaxes de amor

Publicado o 17 de Febreiro de 2014

Convocada unha nova edición do programa "Lingua de namorar", que ten a finalidade de fomentar o uso do galego entre a mocidade, especialmente nos momentos de lecer, relacións personais e tecnoloxías da información (internet e mensaxería instantánea).

  1. Tedes como data límite para participar o 23 de febreiro.
  2. Para elixir aos gañadores valorarase a elaboración da proposta, a súa orixinalidade e a calidade da lingua empregada

 

Este programa está dirixido a persoas que teñan entre os 14 e os 35 anos, que se dividirán en 2 categorías:

  1. de 14 a 19 anos
  2. de 20 a 35

 

As mensaxes deberán:

  1. estar escritas en galego e poderán redactarse en prosa ou verso.
  2. ter unha extensión máxima de 350 carácteres, incluídos os espazos en brancos.

 

Ollo! Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Para poder enviar as mensaxes, será preciso rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html e cubrir o formulario de inscrición.

Todas serán publicadas na páxina do concurso e estarán identificadas polo título e máis polo número que se lles asigne.

Do 24 en adiante abrirase o prazo para votar, ata o día 28, no que todos os usuarios que queiran participar deberán inscribirse na web previamente. Un xurado escollerá aos gañador@s entre as 50 declaracións máis votadas por categoría. As mensaxes escollidas faranse públicas o 10 de marzo na web.

Haberá 3 premios por categoría:

- Categoría entre 14 e 19 anos:

  1. 1º premio: PlayStation 4 500 XB
  2. 2º premio: Mesa de mesturas de DJ
  3. 3º premio: Mp3 acuático

 

- Categoría entre 20 e 35 anos:

  1. 1º premio: Cámara Canon réflex dixital
  2. 2º premio: GPS de montañismo
  3. 3º premio: Mp3 acuático

 

A maiores para @s participantes nesta categoría os premio irán acompañados dunha actividade de aventura para 2 persoas.

Rapaces e rapazas...a demostrar a vosa capacidade creativa e amatoria!