O Padroado de Cultura do Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 7 de outubro o prazo de matriculación para as Escolas Culturais Municipais.
O Padroado de Cultura do Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 7 de outubro o prazo de matriculación para as Escolas Culturais Municipais. Os trámites pódense realizar no Pazo da Cultura, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 391 144.
A relación de Escolas Culturais ofertadas para este curso 2011/2012 é a seguinte:
- Danza tradicional.
- Gaita.
- Percusión tradicional.
- Canto e pandeireta.
- Zanfona.
- Debuxo.
- Teatro.
- Construcción de instrumentos.
- Danza contemporánea.
A matrícula destas escolas ten un prezo único de 45 euros anuais.