O Padroado de Cultura de Narón abrirá o vindeiro luns 17 de setembro o prazo de matrícula para as Escolas Culturais Municipais, ás que este ano únese unha nova: o Recuncho dos Pequerrechos.
Trátase dunha nova actividade destiñada a nenos e nenas de 3 e 4 anos de idade, impartida por unha mestra de Educación Infantil, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento integral do/da menor, así como orientalos para unha futura elección de actividades nas Escolas Culturais do Padroado de Cultura.
O prazo de presentación das solicitudes para tódalas escolas estará aberto ata o 6 de Outubro, e o prezo da matrícula é de 60€ (excepto a inscrición na Escola de Actrices e de Actores e a Escola de Danza Contemporánea, que a partires do 2º curso terán un custo de matrícula de 200€).
A relación de Escolas Culturais Municipais é a seguinte:
- Danza Tradicional (Infantil e Adultos)
- Gaita (Infantil e Adultos)
- Percusión Tradicional Galega (Infantil e Adultos)
- Canto e Pandeireta (Infantil e Adultos)
- Debuxo (Infantil), Teatro (Infantil e Adultos)
- Zanfona (Infantil e Adultos)
- Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega (Adultos)
- Escola de Actores e Actrices (Adultos)
- Escola de Formación de Danza Contemporánea (Adultos)
- O Recuncho dos Pequerrechos (nenos/as de 3 e 4 anos)
Tódolos cursos serán impartidos nos locais que habitualmente emprega o Padroado de Cultura, e as inscricións poderán realizarse no Pazo da Cultura (en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas). Tamén pódese formalizar a matrícula nos Locais Sociais Municipais e nas ANPAS dos colexios onde se oferten estas actividades.
Os cursos terán unha duración de 8 meses. As clases comenzarán a partires do 15 de outubro de 2012 e rematarán o 15 de xuño do 2013.