NOVAS

"Mississippi Mass Choir": Góspel este xoves no Pazo da Cultura

Publicado o 16 de Decembro de 2014

Fans da música! Temos unha cita superinteresante este xoves 18 no Pazo da Cultura:“Mississippi Mass Choir”, un auténtico espectáculo de Música Góspel!

A hora? As 20:30 horas

O prezo? 9.50 € para público en xeral e 6.65€ para abonados, estudantes e desempregados.

Quen é esa xentiña do Mississippi Mass Choir? O “Mississippi Mass Choir” fundouse no ano 1988, e dende entón ten gañado xa varios premios pola súas contribucións á música góspel e realizado numerosas xiras por EEUU, Europa, Xapón e América Latina. O coro gravou o seu primeiro disco, The Mississippi Mass Choir Live, o 18 de outubro de 1988 no Jackson Municipal Auditorium. Na primavera do 89, con só cinco semanas no mercado, situouse no nº1 da lista de música góspel de Billboard. O disco tamén foi nº1 na lista de Cash Box. 

https://www.youtube.com/embed/AXTk46IfDTg?

Oh Happy Day Tour: O xoves vai ser un "happy day"

Na xira europea de 2014, Mississippi Mass Choir presenta o programa "Oh Happy Day Tour", un concerto que conmemora 25 anos de entrega a unha tradición que sen eles non sería a mesma. Son un clásico do Nadal europeo, unha data e un grupo que os afeccionados ó góspel teñen marcado no calendario de citas obrigadas.

Xa sabedes! Vémonos cantando o xoves no Pazo! Ooooooh happy daaaaaay, oh happy day.....