NOVAS

Monólogo de Berto Romero actor e humorista no Pazo da Cultura de Narón

Publicado o 10 de Novembro de 2016

O sábado día 12 de novembro ás 19:00 horas, da man de Producións Etiqueta Negra, co espectáculo "Berto sigue con nosotros" poderemos gozar durante 90 minutos do monólogo a cargo de Berto Romero no Pazo da Cultura.

O eixo central deste monólogo tratará sobre a vida do actor, cos seus traumas e as vivencias coa súa familia, mostrándonos unha serie de leccións aprendidas na súa propia experiencia vital.

Pero quen é Berto Romero? Pois para os que aínda non o coñeza Berto Romero é un actor e cómico que ten unha dilatada traxectoria profesional en televisión, radio e no teatro. Participou nos programas de humor "Buenafuente", "Buenas noches y Buenafuente""En el Aire" , estando nomeado entre outros aos premios Goya no ano 2014 como mellor actor revelación pola súa participación na película "3 Bodas de más". Actualmente colabora en varios programas de cadeas de televisión e nun programa de radio.

Podedes retirar as entradas na billeteira do Pazo da Cultura - prezo en función da zona elexída-:

  • Patio de butacas: 17 euros
  • Anfiteatros: 14 euros