NOVAS

Narón acollerá o Campionato de España de Baile Deportivo

Publicado o 30 de Abril de 2015

O Pazo da Cultura do Concello de Narón acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Baile Deportivo na modalidade de Bailes Latinos, que se levará a cabo en Narón no último fin de semana do mes de xuño.

O Pazo da Cultura do Concello de Narón acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Baile Deportivo na modalidade de Bailes Latinos, que se levará a cabo en Narón no último fin de semana do mes de xuño.

Quen presentou o acto? O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó.

Quen os acompañou? O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente do Club de Baile Deportivo (CBD) Narón e o comisario da Competición, Román Rodríguez.

Que acollerá o campionato? Acollerá o Campionato de España de Baile Deportivo e nesta edición tamén se celebrará o Campionato de España de Danza Coreográfica, a Copa Promoción Española e a Final da Liga de Promoción.

Onde se celebra? No Pazo da Cultura e no Pavillón Polideportivo de A Gándara.

Cando?

  • Venres 26 de xuño: Campionato de España de Baile Coreográfico.
  • Sábado 27 e domingo 28 de xuño: Campionato de España de Baile Latino, Copa Promoción Española e Final da Liga de Promoción.

 

Cantas parellas participarán no Campionato? Aproximadamente unhas 550 parellas de baile procedentes de toda España.

Cantas persoas en total participarán? En concreto serán 1120 bailaróns e bailarinas os que tomarán parte nas competicións, que estarán valoradas por 30 dos mellores xuíces do Estado español.

Por que se escolleu Narón para o Campionato? Por ser o CBD Narón o Clube con maior número de licencias de toda España, e os seus deportistas teñen conseguido notables resultados a nivel autonómico, estatal e internacional.

Algún título recente? Actualmente o CBD Narón proclamouse Subcampión de España por Clubes.

Unha vez rematado o Campionato, o luns 29 de xuño terá lugar en Narón o Congreso Nacional de Xuices de Baile Deportivo, ó que asistirán todolos xuices de España e no que renovarán as súas licencias anuais. Está organizado pola Federación Española de Baile Deportivo.