NOVAS

Narón celebrou a XXVI Gala do Deporte

Publicado o 01 de Decembro de 2014

No Pazo da Cultura de Narón fixose entrega dos premios ós deportistas escollidos nesta nova edición da tradicional Gala do Deporte de Narón celebrada este ano o 21 de novembro.

No Pazo da Cultura de Narón fixose entrega dos premios ós deportistas escollidos nesta nova edición da tradicional Gala do Deporte de Narón celebrada este ano o 21 de novembro.

O premio á mellor deportista foi entregado, a mans do Alcalde Xosé Manuel Blanco, á atleta Claudia Rojo quen conta no seu historial coa mellor marca galega xuvenil de 100 e 400 valos, pentatlón, heptatlón e probas combinadas. Cabe destacar que a nivel España é campioa xuvenil de 400 valos, subcampioa de pentatlón e participou ca selección na European Youth Olimpic Trials en Bakú.

O equipo feminino do Club Narón de Tenis obtivo o recoñecemento como mellor clube polo arduo traballo na súa longa traxectoria.

O club Acordes Narón, que posee titulos a nivel galego e nacional, viu premiada a labor de Izaskun Hernáez da súa escola municipal de ximnasia rítmica.

Entre outros, cabe destacar as mencións especiais a Juan Dominguez Lamas do Club Deportivo de A Coruña e Juan Luis Pernas mister universo en culturismo.