Un ano máis o Concello de Narón segue a apostar polo deporte de base asinando convenios deportivos con clubes e entidades deportivas do noso municipio.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou 11 convenios deportivos con asociacións e clubs deportivos da cidade, en diferentes disciplinas deportivas, por importe total de 257.000€. Con estas aportacións anuais, o Concello sela o seu compromiso co deporte que se ven realizando en Narón con enorme éxito deportivo e alta participación da mocidade. “Temos preto de 3.500 persoas facendo deporte a diario en Narón, e iso para nos é un logro destacable, cuxo éxito depende en boa parte do traballo que fan os equipos e clubs que hoxe asinan estos convenios”, declarou o primeiro edil.
A relación de clubs ou entidades e os importes dos convenios son os seguintes:
- Club Remo Narón
- Agrupación deportiva Santiago Apostol
- Sociedade deportiva O Val de Narón
- Club Cidade de Narón
- Club de Golf Campomar
- Club Narón Volea
- Club atletismo Narón
- Escola superior de Karate
- Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón
- Club Baloman Narón
- Agrupación deportiva Náutico de Narón
Na firma de convenios tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, quen comentou que este municipio “é un referente importantísimo no mundo do deporte galego, grazas a todos vos. Temos que seguir traballando nesta liña e dende o Concello de Narón a pesares da crisis seguimos apostando polo fomento do deporte de base”, declarou a edil.
Na mesma liña expresouse o Alcalde, sinalando que “a cultura, o deporte, a infancia e a dependencia son os catro pilares fundamentais do noso municipio, e imos intentar que permanezcan inalterables a pesares das dificultades económicas que estamos a sufrir os concellos”, indicou José Manuel Blanco.