NOVAS

Noite de cine para este venres 13: "A pegada dos avós" no Café Teatro ás 20:00 horas

Publicado o 11 de Febreiro de 2015

Gústanche as historias de hai 50 anos?

Paréceche superinteresante a época na que viviron os nosos avós e avoas? Pois xa podes descubrir e comprender todo aquelo que non se atopa nos libros de historia, gracias a un grupo de rapaces que investigan os acontecementos da xeración que viviu a guerra civil española. Así é como se desenrola este Documental de Creación: "A Pegada dos Avós" (www.apegadadosavos.eafproducciones.com). A Pegada dos Avós é a creación dunha pequena produtora independente EAF Producións, e este venres 13 de febreiro vai ser proxectada no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón ás 20:00 horas. O vas deixar escapar? A entrada é de balde!

Se queres ver máis creacións desta produtora debes saber que o seu último documental ten que ver coa nosa zona, titúlase: “O Segredo da Frouxeira”. Nesta outra podución contannos sobre o fundador de Sargadelos: Isaac Díaz Pardo. Se queredes máis información podedes atopala aquí:  www.osegredodafrouxeira.com

A pasalo ben!