NOVAS

As noites en Narón son de retranca!

Publicado o 05 de Febreiro de 2014

O sábado 8 de febreiro ás 20:00 horas temos, no Pazo da Cultura, unha nova cita coa risotada...

Chega a Narón un novo espectáculo galego de humor: Noites de Retranca! Serán máis de 90 minutos cargados de risas da man de:

  • Rober Bodegas
  • Víctor Fábregas
  • Manuel Manquiña

Que? Haberá que ir, non? Con estes 3 grandes humoristas galegos o bo roio está asegurado! Para reservar as entradas tedes que chamar ao teléfono 981102897O prezo vai entre os 16 e os 14 €.

Kedamos?