NOVAS

"Noites no Mosteiro": obradoiros de artesanía, xornada de portas abertas e unha exhibición de esgrima antiga

Publicado o 19 de Marzo de 2015

Esta fin de semana no entorno do Mosteiro do Couto terá lugar o programa "Noite no Mosteiro", que foi presentado recentemente en rolda de prensa polas edís responsables das áreas, María Rodríguez Porto e Mª del Mar Gómez respectivamente.

A programación de actos se desenvolverá os días 21 e 22 de marzo, atendendo ó seguinte programa:

Sábado 21 de marzo:

De 11:00 a 21:00 horas (na explanada situada xunto ó Mosteiro):

  • Mercado medieval con postos de artesanía, alimentación e antigos oficios.
  • Obradoiro-exhibición de torno de madeira.
  • Obradoiro-exhibición de soplado de vídrio.
  • Obradoiro-exhibición de forno de pan a cargo da Granxa Escola Belelle (www.granxaescolabelelle.com)

De 21:00 a 00:00 horas:

  • Iluminación do mosteiro.
  • Concerto de Cámara no interior do Mosteiro do Couto, a cargo do grupo Musgalia. Pases de 30 a 45 minutos. Aforo limitado.

Domingo 22 de marzo:

De 11:00 a 20:00 horas:

  • Mercado medieval con postos de artesanía, alimentación e antigos oficios.
  • Obradoiro-exhibición de torno de madeira.
  • Obradoiro-exhibición de soplado de vídrio.
  • Obradoiro-exhibición de forno de pan a cargo da Granxa Escola Belelle (www.granxaescolabelelle.com)
  • Exhibición-presentación de esgrima antiga, a cargo da Asociación Naronesa de Esgrima Antiga (www.aneaesgrima.es)
  • Xornada de portas abertas con visitas ó Mosteiro.