NOVAS

Non deixedes que a solidaridade decaiga no verán

Publicado o 21 de Xaneiro de 2015

Abriuse o prazo de solicitude para participar no programa "Vacacións en paz" de acollida de nen@s saharauis .

A estancia dos menores será durante os meses de xullo e agosto, imaxinade o que é sobrevivir no deserto do Sáhara onde as temperaturas rozan os 50º. 

A idea é acoller o maior número de nen@s posible coa intención de que coñezan a cultura galega, aproveitando tamén para realizar revisións médicas e oftamolóxicas.

Os gastos da viaxe de como mínimo 5 nen@ dende os campamentos de Tinduf (Sáhara) ata Narón correrán a cargo do Concello.

Se estás interesado podes solicitar máis información no 1º andar do Concello (Servizo Sociocomunitario).

O mesmo tempo a Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" ten outras actividades para recadar fondos para traer nenos. Están realizando unha campaña de recollida de roupa usada (no baixo da Casa da Cultura).

Sé solidario, a túa colaboración conta.