NOVAS

Non Hate Speech

Publicado o 24 de Marzo de 2014

O 21 de marzo celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

O 21 de marzo celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.

É unha mágoa pero aínda é hoxe o día no que vemos diariamente moitísimas mostras de discriminación racial, existindo persoas que aínda cren na existencia dunha raza superior.

Por este motivo, desenvólvese na rede a Campaña contra a intolerancia en Internet "NON HATE SPEECH" na que se insiste na unidade do ser humano: as diferenzas existentes entre as diferentes persoas non xustifican a superioridade duns sobre outros, senón que son froito da historia, da cultura e das raíces de cada quen. 

Nin guén ten dereito a discriminar a ninguén pola súa cor de pel, pola súa lingua ou polo seu acento, polo seu lugar de nacemento, hábitos de vida, orixes, tradicións ou pobreza.

Quen non coñece a frase..."Eu non son racista pero..."? Os dicursos discriminatorios e o racismo son o caldo de cultivo da xenofobia, e das agresións e violencia que conleva nos seus casos máis extremos.

Esta campaña comezou hai un ano, conseguindo concienciar a moita xente nova dos riscos que as ideoloxías racistas comportan para a democracia. Buscando concienciar e mobilizar á xente para evitar o auxe desta metalidade, organizan diversas iniciativas durante esta Semana de acción europea en contra do racismo e adiscriminación (21-28 marzo) coa intención de expresar solidariedade coas persoas que aínda hoxe sofren discriminación en Europa. Cada día desta semana van propor unha acción para que vos involucredes e mobilicedes, mostrando o voso apoio á Campaña e, o que é máis importante, o voso apoio ás vítimas de discriminación racial.

Participamos? 

Esta é a súa web: http://www.nohatespeechmovement.org/

O seu Facebook: https://www.facebook.com/nohatespain

O seu twitter: https://twitter.com/NoHateSpain