NOVAS

Nova edición da campaña LibreDeAlcol: cursos de condución segura

Publicado o 11 de Outubro de 2016

Aqueles que estedes interesados e formarvos en actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco, dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca este tipo de cursos co obxectivo de achegar a mocidade galega actitudes seguras.

Para poder acceder a este cursos teredes que cumprir os seguintes requisitos:

  •     Ser mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saibades conducir.
  •     Non é preciso que sexades titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

 

Os cursos impartiranse nas instalacións da:

  • Escola Galega de Condutores San Martín SL
    Plataforma de Estacionamento nº 2
    Polígono Industrial de Teixeiro
    15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña).
  • Datas de realización: 29 e 30 de outubro de 2016

 

Inscricións:
    Número de prazas máximo de 15 por día
    Número de prazas mínimo por día: 8
    A inscrición será mediante envío de correo electrónico

A selección dos/as participantes realizarase por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas por día.

Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.

Cobertura:

  • O curso é gratuíto
  • O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante
  • Recomendacións: Levar calzado axeitado e roupa de abrigo

 

Para máis información:  xuventude.xunta@xunta.gal

Teléfonos : 981 545 822 e 981 545 937

FORMULARIO DE INSCRICIÓN